DATA
|
XUÑO DO 2015
|
ACTIVIDADE
|
A SEMANA DA FROITA
|
ÁREA DE APRENDIZAXE
|
ARTE-LECTOESCRITURA – LÓXICA
|
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
|
Dada a boa acollida que tivo por parte do alumnado o consumo de froita na
escola o curso anterior, decidiuse continuar neste curso académico 2014-2015
co Programa FOGGA, fomentando na escola o hábito de consumo de froita como
unha rutina diaria, integrada no currículo como un dos temas transversais que
contempla: “Educación para a saúde”.
|
OBXECTIVOS
|
- Incorporar a froita na dieta diaria, reducindo o consumo de bollería.
- Recoñecer a importancia da froita na alimentación.
- Identificar e nomear diferentes froitas de temporada.
|
ACTIVIDADES
|
- Elaboración dun cadro de dobre entrada, no que os nenos/as recollerán se
a froita foi do seu agrado (moito-verde, regular-amarelo, nada-vermello).
- Estimacións, recontos, clasificacións…; expresando os resultados a través
de táboas ou gráficas.
- Elaboración dun dosier de froitas a través dunha técnica plástica
(bastoncillos e témpera), onde se inclúa o debuxo da froita co seu nome
|
Empregamos carteis das froitas como referente da imaxe (forma da froita) e do texto (nome da froita). Este material empregámolo para o desenvolvemento das actividades programadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario