viernes, 27 de junio de 2014

FROITA NA ESCOLA 13-14



Dende o curso pasado o CEIP Ortigueira participa no programa "Aliménta-T ben" promovido pola XUNTA a través do Plan Proxecta, coa finalidade de fomentar o consumo da froita nas escolas.
Dende o centro pretendeuse fomentar o consumo da froita como algo habitual na alimentación do neno/a, formando parte da súa educación integral. Froita e deporte permitiralle levar unha vida san e equilibrada onde corpo e mente sexan un todo.
O reparto da froita tivo lugar, nas aulas de infantil, 30 minutos antes do recreo e nas aulas de primaria 5 minutos antes, seguindo coas rutinas establecidas de aula. Como rutina diaria, o alumnado procedía a lavar as mans como medida de saúde e hixiene.
Os recunchos de reparto da froita variaba segundo a etapa educativa. Para os alumnos/as de primaria, realizábase no local do comedor, mentres que no caso dos alumnos/as de infantil, tiña lugar en espazos concretos como foron a aula e os espazos verdes do patio.

A acollida por parte do alumnado foi estupenda!

Comemos MAZÁS...



Comemos LARANXAS...



Comemos MELÓNS...



Comemos AMORODOS...



Comemos CEREIXAS...



Comemos PERAS e PEXEGOS...



As familias tamén quixeron contribuír nesta iniciativa aportando froita das súas propias colleitas.



Ademais de gozar experimentando con sabores novos, tamén realizamos diversas actividades, como foron o libriño das froitas e o obradoiro de cociña polos aniversarios.

LIBRO DAS FROITAS












OBRADOIRO DE BROCHETAS DE FROITA