domingo, 11 de junio de 2017


FROITA NO CEIP ORTIGUEIRA 2016-2017



Un curso máis o noso colexio participou no programa Aliméntate ben - Xermoliño desenvolvido dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación, co obxectivo de fomentar entre o alumnado hábitos de alimentación saudables que inclúan a froita como produto básico que debe estar presente na nosa dieta diaria. 

Con esta iniciativa, queremos fomentar unha educación integral que atenda non só aos aspectos académicos se non que tamén contribúa ao benestar xeral do noso alumnado. 
Entre os obxectivos que prantexamos nesta edición do programa están os seguintes:
  • Reflexionar sobre os nosos hábitos alimenticios e promover cambios neles para levar unha dieta saudable.
  • Fomentar o consumo responsable co medio e coa sociedade (sen malgastar).
  • Incorporar a froita na dieta diaria, reducindo o consumo de bolos industriais e alimentos procesados.
  • Identificar e nomear diferentes froitas de temporada.
  • Integrar a alimentación saudable como elemento transversal desde o traballo na educación para a saúde

O reparto da froita levouse antes da saída ao recreo e en dous espazos diferentes según a etapa educativa; en Infantil o reparto facíase nas aulas e nas zonas verdes do patio e en Primaria nas dependencias do comedor.

A secuencia de reparto e consumo foi a seguinte:
  •         Realización de actividades de análise das propiedades e características das froitas     de cada día.
  •          Rutinas de hixiene.
  •          Colocarse en círculo e sentados para comer a froita.
  •          Os encargados/as do día reparten as pezas de froita.
  •         Os restos depositábanse no composteiro que se atopa preto da horta escolar.









Entre as actividades levadas a cabo durante o desenvolvemento do programa atópanse as seguintes:
  •      Análise e observación das propiedades das diferentes froitas establecendo semellanzas e diferenzas.





  •             Actividades de conteo das pezas de froita asociándoas a unha cantidade e número.







  •         Elaboración dunha táboa de dobre entrada na que rexistramos cada semana a froita diaria, escribimos o nome, debuxámola e valoramos se foi ou non do noso agrado.



  •         Xogos de memoria, escritura de nomes de froitas, atopar as parellas... con tarxetas onde se representa a froita e o seu nome.



  •         Confección de títeres de diferentes froitas personificándoos, atribuíndolles un nome e dramatizando pequenas pezas de teatro cos monicreques improvisadas polos nenos e nenas nos momentos de traballo por recunchos na aula.












  •             Obradoiros de cociña con froita para celebrar os aniversarios.