viernes, 10 de julio de 2015

FROITA NA ESCOLA 14-15

DATA
XUÑO DO 2015





ACTIVIDADE
A SEMANA DA FROITA
ÁREA DE APRENDIZAXE
ARTE-LECTOESCRITURA – LÓXICA




DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
Dada a boa acollida que tivo por parte do alumnado o consumo de froita na escola o curso anterior, decidiuse continuar neste curso académico 2014-2015 co Programa FOGGA, fomentando na escola o hábito de consumo de froita como unha rutina diaria, integrada no currículo como un dos temas transversais que contempla: “Educación para a saúde”.

OBXECTIVOS
-        Incorporar a froita na dieta diaria, reducindo o consumo de bollería.
-  Recoñecer a importancia da froita na alimentación.
-     Identificar e nomear diferentes froitas de temporada.
ACTIVIDADES
-       Elaboración dun cadro de dobre entrada, no que os nenos/as recollerán se a froita foi do seu agrado (moito-verde, regular-amarelo, nada-vermello).
-  Estimacións, recontos, clasificacións…; expresando os resultados a través de táboas ou gráficas.
-     Elaboración dun dosier de froitas a través dunha técnica plástica (bastoncillos e témpera), onde se inclúa o debuxo da froita co seu nome


 
 Ao longo das semanas probamos diferentes froitas de temporá: kiwi, pexego, albaricoque, peladillo, laranxa, melón, sandía, claudia, cereixa, amorodo, plátano, mazá... 



Empregamos carteis das froitas como referente da imaxe (forma da froita) e do texto (nome da froita). Este material empregámolo para o desenvolvemento das actividades programadas.




Rexistramos as froitas da merenda...


Ilustramos no recuncho de arte a froita co seu nome...


(*) clicar sobre a imaxe

Festexamos os aniversarios facendo unha brocheta de froita...